lunes, 2 de febrero de 2015

"Con los ojos cerrados": Guía para ensinar a pensar


Sabedes o que é ser un "nube negra"? Seguro que tod@s coñecedes algunha persona que vai polo mundo sempre enfadada, pensando que hai unha conspiración na súa contra... Incapaces de ver a parte positiva da vida...
Os expertos din que o 50% da felicidade depende do noso propio caracter, o 10% depende da situación personal. Está claro que cando as cousas nos van mal, é dificil ser feliz pero  hai un 40% que se pode aprender e adestrar!
Este libro ensina a potenciar o pensamento positivo para alcanzar a felicidade. 
Acaba de chegar a nosa biblioteca... 


O propósito deste libro como o título indica é que os nenos e as nenas PECHEN OS OLLOS e escoiten o que pasa no seu interior, que aprendan a pensar en positivo, a controlar os pensamentos negativos e as preocupacións e a recoñecer a importancia de rir, soñar espertos e facer voar a imaxinación.
A estrutura do libro, con exercicios, actividades e xogos para compartir, axudará a nosos peques a afondar un pouco máis no que aprenden en cada capítulo.



Podedes deixar as vosas opinións, colgar os vosos debuxos, explicar as vosas experiencias... cando leades o libro no blog da autora Àngels Ponce:  Amb els ulls tancats
Animádesvos?

No hay comentarios:

Publicar un comentario