lunes, 2 de marzo de 2015

Brozo-Retos na biblio: non hai sitio para covardes...

A biblioteca reta ás aulas máis audaces e temerarias do noso cole a resolver os nosos Brozo-Retos sobre Europa.
Recibiredes ao longo desta semana unhas carpetas con retos que só poderedes resolver nas vosas visitas semanais á biblioteca. Alí atoparedes unha maleta para cada diferente ciclo que viaxa por Europa e que vos axudará na vosa misión.
Coa axuda do voso titor ou titora, organizádevos en grupo, en parellas ou de forma individual. Escribide os vosos nomes e o voso curso nos cadernos Brozo-Retos e camiñade polos libros que vos ensinarán os segredos mellor gardados de Europa.
Tamén encontraredes na biblioteca uns Cadernos de Viaxe cunha misión secreta, que só os máis ousados poderedes levar a cabo.

Que a sorte sexa a vosa compañeira nesta viaxe!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario