jueves, 26 de febrero de 2015

A nosa homenaxe a Rosalía

"Eu son Rosalía porque con ela aprendemos poesía..." "Eu son Rosalía porque gustanme os airiños da miña terra... Eu son Rosalía porque a levamos no corazón..." Estes días o noso cole énchese de Rosalías grazas a un proxecto do Equipo de Dinamización en Lingua Galega, no que están a gravar un vídeo con nenos e nenas falando de porqué son Rosalía.
Non hai mellor homenaxe... Aquí vai unha mostra do que está a pasar no cole. A profe Pepa e os seus alumnos e alumnas de 2ºE envíannos este delicioso vídeo. 
Parabéns!!!



A nosa biblioteca tamén é Rosalía porque nos encanta ler e escoitar falar en galego. Estes son os libros que podedes atopar.


"Parece unha rosa"
Editorial Espiral Maior
Este libro fainos chegar a voz de Rosalía de Castro, reproducindo un coñecido poema de Cantares Gallegos modernizando o contexto a través das ilustracións de Isabel Pintado, pintora madrileña residente en Galicia.



"Rosalía pequeniña"
Editorial Galaxia
Uxía Senlle déixanos un feixe de cancións para retratar esa muller que uns chamaron tola e outros santa: a verdadeira Rosalía de Castro. Rosalía pequeniña, pirata, poeta, aventureria ou fada. Rosalía para cantar, para rir, para gozar ou bailar. 




"Rosalía de Castro. Escolma poética"
Editorial Kalandraka- Factoría K de Libros
Belén Padrón dálle forma e cor a cada poema, plasmando nas súas ilustracións a súa visión do imaxinario "rosaliano". Imaxes de contido simbólico, sobre o desamor, a morriña, a beleza da paisaxe, as inxusticias sociais, a saudade, o desacougo interior...




"Adiós ríos, adiós fontes"
Bahía Edicións
Poema ilustrado que trata de incentivar a creatividade e a imaxinación dos lectores e lectoras máis cativos. Que quería dicir Rosalía no seu famoso poema? Como o imaxina un neno deste século? Dúas posibles versións recreadas polo ilustrador Rodrigo Chao.



Non pensedes que só en Galicia temos  cativos e cativas explicando porque son Rosalía... Tamén en Londres a nosa lingua está viva!!
Botádelle unha ollada ao blog FALA LONDRES do colexio Cañada Blanch.

4 comentarios:

  1. Que grande poder ser Rosalia e que grandes son os nenos e nenas do 2ºE. Moi chulo o vídeo

    ResponderEliminar
  2. Grazas polo teu comentario... Non podemos estar máis de acordo: Grandes nenas... Grandes nenos... Grande profe... Que ben que o compartisen....

    ResponderEliminar
  3. Moitas grazas! Pasámolo en grande! Estes rapaces van dereitiños a Hollywood!😜

    ResponderEliminar
  4. E que grande a baba que se nos cae ás nais e ós pais cando os vemos!!! Grazas a Rosalía... E moitas grazas a Pepa por facelo posible. Bicos.

    ResponderEliminar