Todos os nenos e nenas tedes na casa libros que xa non ledes, ben porque vos aburriron ou porque vos "quedaron pequenos" pero ainda son libros en bo estado. Por iso, dende a biblioteca queremos celebrar o 23 de Abril, Día do Libro, na súa versión máis solidaria.
Ata o día 20 de abril podedes traer libros que xa non usedes da casa e depositalos nos postos habilitados en cada pavillón do colexio. O equipo de Biblioteca encargarase de organizalos.
O día 23 de abril terá lugar no centro a Feira do Libro Solidario onde para poder levar un libro "novo", teredes que intercambialo por un quilo de alimentos non perecedeiros.
Todos os alimentos recollidos serán entregados a Cáritas de Arteixo.
Deste xeito, todos sairemos gañando!!
Deste xeito, todos sairemos gañando!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario