lunes, 20 de abril de 2015

Marcapáxinas pola solidaridade

Marcapáxinas pola Solidariedade é unha proposta didáctica da organización Save the Children, para o 23 de abril, Día Internacional do Libro, que busca poñer a creatividade dos alumnos ao servizo da infancia máis desfavorecida.


A actividade Marcapáxinas pola Solidaridade persegue os seguintes obxectivos:
  • Inculcar os valores solidarios entre os máis novos.
  • Desenvolver neles un espírito crítico, que lles permita coñecer a situación da infancia nos países empobrecidos.
  • Promover o gusto pola lectura.
  • Recadar fondos destinados a contribuír a que mellore a situación dos nenos e nenas e os seus dereitos se vexan cumpridos.


Durante esta semana encontraredes na biblioteca os patróns dos modelos dos marcapáxinas para que elaboredes os vosos e logo poder vendelos entre familiares e amigos, a cambio dun donativo. Os fondos conseguidos destinaranse a mellorar a situación dos nenos e nenas en Malí.

Aquí temos os primeiros voluntarios e voluntarias.

No hay comentarios:

Publicar un comentario