martes, 12 de mayo de 2015

Ler Matemáticas? Por que non?

Libros de lectura relacionados directa ou indirectamente coas matemáticas hai moitos. Dende a conmemoración no ano 2000 do Ano Mundial das Matemáticas, as editoriais teñen visto que había unha demanda non cuberta e desexo deste tipo de literatura. Froito diso é a existencia actual dun número importante de obras de literatura matemática, onde a presenza das Matemáticas é o elemento común, aínda que nalgunhas delas dunha forma máis intencionada ou protagonista.

Hoxe, 12 de maio, día escolar das Matemáticas, queremos suxerir unha serie de lecturas para achegar aos nosos alumnos e alumnas ao universo matemático a través de libros de ficción e demostrar que as Matemáticas forman parte da nosa vida e o noso ámbito.

No hay comentarios:

Publicar un comentario