martes, 12 de mayo de 2015

Teatro "A Baiuca": A casa da Mosca Chosca

Hoxe tivemos unha visita moi especial na Aula de Contos de Educación Infantil. O grupo de teatro do centro de maiores "A Baiuca" de Arteixo representou para todo o alumnado de 5 anos un dos contos máis coñecidos polos nosos peques "A casa da Mosca Chosca".
Trátase dunha historia moi divertida e orixinal, na que a protagonista constrúe a súa propia casa farta de andar dun sitio para outro. Cando inaugura o seu fogar prepara unha torta de amoras e coloca sete banquetas e sete pratos na mesa. Co arrecendo da torta van pasando por alí sete estraños personaxes.
Como podedes ver nas fotos está o Escaravello Revello, o Morcego Chairego, a Raposa Chistosa, o Lobicán Pillabán... Pero cando crían que por fin podían empezar a merendar, aparece un convidado pouco educado... o Oso Goloso!


Tamén houbo tempo ao finalizar a actuación para cantar e bailar todos xuntos.
Grazas a todos os integrantes deste grupo tan xovial por facer felices aos nosos peques representando maxistralmente un dos seus contos favoritos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario