miércoles, 18 de noviembre de 2015

Contos interactivos con valores para iPad


Xa tedes unha aplicación nova da editorial Edebé incorporada aos iPads da biblioteca que nos parece práctica e acertada para os nosos pre-lectores e primeiros lectores.
Trátase de Cuentos con Valores, unha aplicación que reúne cinco fantásticos libros editados anteriormente en papel pola editorial, agora dixitalizados. 
Son libros especialmente escollidos para traballar temas como a familia e a chegada dun bebé, a autoestima, a superación, os medos, o amor e a amizade, a tolerancia e a solidariedade.
Tamén inclúen xogos cos personaxes dos contos: os máis peques poderedes colorear algunhas ilustracións e xogar ao "memory" entre dous xogadores.
Ademais, tamén son útiles para os lectores máis maiores para aprender idiomas xa que podedes lelos en varias linguas.
Estes son os contos que atoparedes a partir desta semana  nos iPads da biblioteca:



As ilustracións dos contos teñen a firma dalgúns dos mellores debuxantes:
Roger Olmos: Incluído na lista The White Ravens en tres ocasións.
Mercé Canals: Dous anos gañadora do Premio Caterina Alberti iParadis.
María Espluga: Gañadora do Premio Barcanova.
Mabel Piérola: Premio Internacional de Ilustración Fundación Santa María.

No hay comentarios:

Publicar un comentario