viernes, 20 de noviembre de 2015

Libros desafiantes para esmimular as neuronas


Xa chegou á nosa biblioteca a colección completa Abremente!
Estes libros son xogos de preguntas e respostas que se crearon hai máis de 20 anos en Francia. Están pensados para nenos/as de todas as idades, polo que veñen divididos en 6 tomos, un por ano. Coa súa orixinal forma de abanico, son moi prácticos de manexar, ademais de converterse nun método divertido, desafiante e orixinal de aprendizaxe.
Podedes xogar tanto sós como acompañados, xa que as instrucións son moi sinxelas e as respostas atópanse na folla seguinte. Para os máis peques, as preguntas e respostas son en imaxes fáciles de recoñecer e un personaxe guiaravos a través do xogo. Para os máis maiores, as preguntas e respostas están baseadas nas seguintes temáticas: lingua, matemáticas, vocabulario, cultura xeral, historia, xeografía, tecnoloxía, xeometría, ciencias naturais, idiomas, arte e deporte.


Abremente tamén ten web. Visita e xoga na súa páxina:

1 comentario:

  1. Son un agasallo ideal para pedirlle aos Reis Magos!!! Recoméndoos moitísimo!!!

    ResponderEliminar