domingo, 15 de noviembre de 2015

Quen é Rosetta?

O noso cohete espacial PdB 12 xa despegou dende a terra ata o infinito e máis alá... 
E que mellor compañia que a de Paxi, a mascota da Axencia Europea do Espazo (ESA). Paxi é un experto piloto acostumado a viaxar polo espazo e non lle ten medo a ningún meteorito nin burato negro. El mesmo vos conta a súa historia neste vídeo.



Convidámosvos a visitar a súa páxina, onde atoparedes máis vídeos que poden ser un bo comenzo para explorar o espazo (Clicade na imaxe)



Desde a nosa biblioteca interceptamos unha transmisión dunha tal "Rosetta". Necesitamos que todos os nenos e nenas de 1º e 2 nivel pescudedes quen é e que nos deades toda a información posible... Ten algún peligro para a Terra? Debemos mandar unha sonda a investigar? Tal vez destruila?
Podedes pedirlle axuda a Paxi... que é un sabiondo en isto da galaxia.

Cando teñades as vosas respostas, enviádenos vosa información para verificala e así elaborar un ranking dos máis rápidos e expertos!

14 comentarios:

  1. O alumnado de 2D estivo pesquisando e isto é o que atopamos entre todos e todas nas nosas casas:
    Quen é Rosetta?
    Rosetta é unha nave espacial que leva dentro unha sonda chamada PHILAE. A misión de Rosetta é axudar a descubrir se os cometas trouxeron vida á Terra e pode furar e investigar nos cometas. Philae e Rosetta traballan xuntos para saber de que están compostos os cometas. Esta información gárdase nun ordenador que ten Rosetta e a información envíase aos científicos da Terra.
    Rosetta empezou a súa andadura no 2004 e tardou dez anos en volver. O seu obxectivo era o cometa CHURYUMOV/GERASIMENKO e viaxaron xuntos arredor do Sistema Solar. A súa traxectoria inclúe tres pasadas pola Terra e unha por Marte. Rosetta atópase actualmente en órbita a 100 km da Terra.

    Ten algún perigo para a terra?
    Non, Rosetta saca fotos e manda información dos cometas á Terra. Axúdanos a entender o que pasa no espazo.
    Non temos porque destruíla porque non presenta un perigo, todo o contrario axudanos a entender e coñecer os cometas. E tampouco temos que enviar unha sonda a investigar porque xa Rosetta leva unha sonda que envía información e imaxes de todo o que fai.

    Esperamos que a información sexa de axuda para tod@s.
    2ºD

    ResponderEliminar
  2. Moitísimas grazas, pequen@s.... É un alivio saber que non corremos ningún perigo...Pasaremos a entregarvos a vosa Broci-Estrela. Seguide a vosa viaxe e mantede o contacto coa terra...

    ResponderEliminar
  3. O alumnado de 2ºA quixemos complementar un pouquiño a información que nos ofreceron os nosos compañeiros de 2ºD, e o que atopamos foi o motivo polo que a nave se chama Rosetta e a súa sonda Philae.
    O nome é unha homenaxe á Pedra Rosetta que permitiu a Jean-François Champollion descifrar os xeroglíficos exipcios, fai alusión ao obxectivo científico da misión de coñecer mellor os elementos mais antigos do sistema solar (asteroides e cometas). O nome da sonda fai referencia á illa do río Nilo onde se atopou o obelisco de Philae que permitiu coñecer as consoantes do exipcio.

    ResponderEliminar
  4. Mi madriña!!!!! Que boa resposta!!!! Vaia investigadores tan bos que temos... En breve pasaremos pola vosa aula para entregaros a vosa primeira Broci-estrela para que a peguedes no taboeiro e podades presumir do voso logro...
    Seguide en contacto coa terra... Enviaremos novos retos...
    Parabén, grandes pequen@s....

    ResponderEliminar
  5. Na aula de 2º C fixémonos moitas preguntas, entre elas:
    1. Cando foi enviada?
    Querían enviala en xaneiro de 2003, pero por problemas técnicos foi enviada o 2 de marzo de 2004.
    2. Para que se enviou?
    Nun principio estudaría o cometa 46P/Wirtanen pero a tardanza no lanzamento fixo que fose seleccionadoo cometa 67P/Churiumov-Guerasimenko.
    3. Quen a enviou?
    A Axencia Espacial Europea.
    4. Canto tempo tardou en chegar?
    Pasou 10 anos orbitando ata atopar o cometa.
    5. Cando remata a súa misión?
    Debería rematar en decembro deste ano, pero como ten enerxía extra continuará ata semebro de 2016.
    6. Que descubriu Rosetta despois de tanto tempo alí?
    Descubriu entre outras cousas a existencia de osíxeno molecular, é a primeira vez que se observa osíxeno na coma dun cometa, composta principalmente de vapor de auga, monóxido e dióxido de carbono.
    7. Que é a coma dun cometa?
    A nube de po e gas que envolve o núcleo do cometa.

    Seguiremos investigando, este tema espertou moitísimas inquedanzas en 2º C e temos unha longa lista de preguntas...

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Moi ben organizado, pequen@s... Aclarades todas as nosas dúbidas con total precisión... Estamos moi contentos de que vos guste tanto navegar polo espazo e ser investigadores... Seguro que tedes futuro na ESA...
      Pasaremos pola vosa clase a facervos entrega da vosa Broci-Estrela para que a colguedes no taboeiro.
      Seguide en contacto coa terra.... Parabéns!!!!!

      Eliminar
  6. Os alumnos de 1A tamén estivemos investigando sobre Rosetta. Estas son algunhas das súas
    respostas:
    - Profe, Rosetta é unha nave espacial feita polos humanos!, dinos Abel.
    - Despegou da Terra dentro dun foguete en 2004, explica Sergio.
    - E estivo navegando polo espazo dez anos, conta Nicolás.
    - Claro, ata o 2014, dí Laura. É dicir, o ano pasado!
    Paula comenta que baixou ao cometa 67p (e algo máis pero é un nome moi raro). Sí que é raro! dí Jairo.
    Ariadna, Daniella e Alejandro, comentan que Rosetta estudia aos cometas porque os científicos din que neles hay vida.
    E para chegar ao cometa, de Rosetta saíu unha mini nave que se chama Philae, dí Sabela. E alí fixeron fotos, mediron e tamen fixeron experimentos, explica Breixo.
    E que Rosetta e Philae traballan en equipo, porque xuntas poden saber máis cousas, dicen Rubén e Ricardo.
    E todo o que investigan, conta Dina, gardase no ordenador que ten Rosetta. Logo esa información vai para os científicos que están na Terra, explica Noa.
    Quedaron moitas cousas que preguntar e respostar, así que seguiremos investigando...
    Algún pide unha excursión á Lúa! PALABRAS MAIORES...
    Moitos bicos a Brociños

    ResponderEliminar
  7. Bravísimos estes pequenos investigadores de 1º A.... Traballando en equipo, investigando, organizando a información, reflexionando sobre o que aprendemos... Que maiores estades!!!!!! Grazas por compartirlo con nós.... Que grande idea o de facer unha paradiña no noso viaxe na Lúa... Comezaremos a preparalo para a volta de Nadal.
    O equipo da biblioteca pasará a facervos entrega dunha Broci-Estrela que poderedes pegar no taboeiro dos Brozo-Retos para poder presumir do listos que sodes...
    Seguide en contacto coa Terra...

    ResponderEliminar
  8. Os pequenos investigadores de 2º E atoparon nas súas pesquisas datos que engadir aos que xa contaron outras clases. Pareceulles interesante saber que esta misión inspirouse noutra de 1986 onde a sonda Giotto tiña que estudar ó cometa Halley, sobrevoándoo e tomando datos observables. Tamén leron que os astrofísicos do proxecto Rosetta sacan, como conclusión, que "o máis bonito deste estudo é vivir co cometa as súas fases de actividad". Por último, pero non menos importante, é que este proxecto europeo, no que tamén se inclúe España, custa... 650 millóns de euros ó ano!!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Como que "pequenos"??? Non, non... Sodes ben grandes porque o fixechedes moi requeteben... Son moitos cartos pero investigar abre o mundo e sempre paga a pena... Nunca se sabe por que camiño nos poden levar os descubrimentos.
      Os nosos parabéns a tod@s... En breve pasaremos pola vosa aula para entregarvos unha Broci-Estrela para que peguedes no voso curso no taboeiro dos Brozo-Retos.
      Saudiños

      Eliminar
  9. Ola Brociños:
    Somos os alumnos e as alumnas de 1º D e despois de investigar moito obtivemos estos importantes datos:
    - A viaxe de Rosetta durou 10 anos.
    - A Rosetta costoulle moito alcanzar ó cometa porque os cometas van moi rápido.
    - Philae (o robot do tamaño dunha lavadora que enviou Rosetta) rebotou nunha zona de sombra e estivo un ano ata que recargou as baterías solares.
    - DATO IMPORTANTE: Philae encontrou osíxeno no interior do cometa.
    - E, por último, este ano Rosetta e o cometa se queimarán xuntiños cando se aproximen ao sol.
    Moitos bicos e moitos corazóns de 1º D

    ResponderEliminar
  10. Os cometas son tan rápido como vos... Moi bo traballo. Así que... Rosetta atopou osíxeno... Importante dato... Quererá decir que hay vida noutros planetas?? Temos que pensar sobre iso. Danos un pouco de pena que Rosetta vaiase queimar... Xa lle tiñamos cariño.
    Parabéns polas vosas respostas!!!!
    En breve pasaremos a entregarvos as vosas escarapelas para que colguedes nos Brozo-Retos.
    Saudiños

    ResponderEliminar
  11. Ola Brociños!
    Gracias por informarnos sobre as investigacións que se están a levar a cabo polo ser humano no espacio exterior. Gracias ó módulo que desplegou Rosetta e que aterrizou no cometa, descubrimos entre outras cousas que os cometas teñen un olor desagradable e que emiten un son parecido ó que emiten os golfiños.
    Un saúdo e ata a próxima!
    2ºB

    ResponderEliminar
  12. Un son parecido ao dos golfiños?? Que interesante, pequen@s... E o do cheiro... Non tiñamos nin idea... Que descubrimento máis grande... So podemos decir que fixechedes un gran traballo...
    En breve pasaremos pola vosa clase para entregarvos o voso premio para que o poidades pegar no taboeirodos Brozo-Retos.
    Parabéns!!!
    Que contentos estamos de ter un equipo de "investigadores" tan bos...

    ResponderEliminar