No ano 1957 o Dr. Seuss publicou o seu primeiro libro, El Gato Garabato. O seu obxectivo era ofrecer aos primeiros lectores historias que realmente lles interesasen, coas que puidesen aprender e gozar.
Os libros do Dr. Seuss foron traducidos a máis de 20 idiomas en todo o mundo e formaron parte, e ségueno facendo, do imaxinario de varias xeracións de lectores aínda que pasaron máis de cincuenta anos.
O Dr. Seuss deu vida a míticos personaxes como o Gato Garabato (un aloucado gato sempre vestido cun sombreiro de copa e unha gravata cun gran lazo vermello), o Lórax (un curioso ser baixiño de cor marrón que dá voz ás árbores, en defensa do medio ambiente) ou o Grinch (un estraño personaxe gruñón e solitario que, sentíndose importunado polo alegre ambiente do Nadal, decide arruinar esta celebración). Os libros protagonizados por estes personaxes non só atravesaron fronteiras se non que tamén se realizaron, nos últimos anos, adaptacións cinematográficas e teatrais dalgunhas destas aventuras.
As últimas traducións dos libros do Dr. Seuss ao español databan dos anos 80 e 90. Hai tempo que estas edicións deixaron de estar dispoñibles ata que, recentemente, a editorial Beascoa recuperou varios dos seus títulos.
Esperamos que os máis cativos gocedes lendo unha e outra vez estas divertidas e entretidas historias na biblioteca!

No hay comentarios:
Publicar un comentario