lunes, 14 de diciembre de 2015

20 libros magníficos para regalar este Nadal


Non hai mellor agasallo para un ávido lector que un bo libro novo que devorar. Por iso, para poder axudarvos a atopar ese libro especial que queredes que vos traia Papá Noel ou os Reis Magos, elaboramos unha lista con algunhas novidades literarias deste ano para que poidades gozalas este Nadal.
O último día de clase, antes das ansiadas e merecidas vacacións, os vosos titores entregaranvos o seguinte tríptico con todos os libros recomendados polo Equipo de Biblioteca e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
Esperamos que vos gusten tanto como a nós!


2 comentarios:

  1. Bo día!

    En primeiro lugar, gustaríame agradecer a labor que se fai dende este blog e dende a propia biblioteca do colexio: é moi de agradecer inculcar aos nenos, dende moi cativos, o valor da lectura e a paixón pola mesma. Teño unha irmá que, nestas datas festivas, aproveitou para ler algúns dos libros que lle recomendaron a través do críptico e, tamén, amosoume este blog.

    Simplemente paseime para dárvolas grazas e, xa de paso, recomendar outro libro: “Proxecto Bolboreta” de Andrea Maceiras. Creo que pode ser de interese –e de diversión– para os nenos e nenas do colexio.

    http://www.xerais.es/libro.php?id=1983202

    Unha vez máis, grazas e boas festas!

    ResponderEliminar
  2. Tomamos nota da túa recomendación e agradecémosche moito o teu comentario... Boas Festas.

    ResponderEliminar