martes, 12 de enero de 2016

Charles Perrault cumpre 388 anos!

Charles Perrault naceu tal día como hoxe, 12 de xaneiro, hai 388 anos. 
Seguro que se vos nomeamos contos como O Gato con Botas, A Cincenta, Polgariño, Barba Azul, A Bela Adormecida ou Carapuchiña Vermella sóanvos, verdade? Estes contos ben por Disney, ou ben porque son contados de viva voz, de xeración en xeración, sóannos a todos. Iso si, os contos orixinais eran máis crueis e realistas que os que Disney vendeunos no seu día. 

Este escritor francés do século XVII baixo o pseudónimo de Pierre Darmancourt, recompilou e escribiu contos da tradición oral, todos eles reunidos en Histoires ou contes du temps passé. A colección saíu á luz en 1697, cando Perrault contaba xa con 69 anos. Dado o gusto da clase alta francesa da época polos contos de fadas tiveron moito éxito. O seu maior logro, con todo, foi sobrevivir ao paso dos séculos.


*Colección Editorial Galera

Na nosa biblioteca podedes atopar todos os contos de Perrault versionados por distintas editoriais. Se aínda queda alguén a día de hoxe que non lese un dos seus contos, a que esperades para coñecelos?  

No hay comentarios:

Publicar un comentario