jueves, 14 de enero de 2016

Universo de Contos na biblioteca

Este trimestre o noso Brozo-Reto viaxará ao Universo pero esta vez será un universo literario feito de contos, que tamén son mundos que nos permiten explorar realidades diferentes. 
O Equipo de Biblioteca ten preparados estes tres contos, un para cada mes.

La Estrella de Laura
Klaus Baumgart
Editorial Beascoa
Unha noite na que Laura non pode durmir e mira pola xanela da súa habitación, ve como unha pequena estrela cae xusto diante da súa casa, sobre a beirarrúa. Laura leva a estrela á súa habitación. Pero á mañá seguinte, a estrela desaparece. Esta doce historia de Laura e a súa estrela conta o que unha nena pode descubrir e como, ás veces, temos que separarnos das cousas que queremos.


Caer de cu polo Universo
Estíbaliz Espinosa e Lucía Cobo
Apiario
Historia dunha astronauta viaxeira que nos descobre as galaxias, as estrelas e os planetas na procura dese "cu do mundo" que non sabemos onde cae pero que mentamos continuamente. Un álbum que mestura poesía con información, con complicidade, con infancia, con universo, con divertimento...

El primer hipopótamo en la  luna
David Walliams
Editorial Beascoa
Esta é a historia de dúas hipopótamos que compartían o mesmo soño: ser o primeiro hipopótamo en chegar á lúa. Para iso, Hércules erixiu o seu propio Centro Espacial mentres que Sheila fabricou a súa nave cos materiais que atopou na selva... 
Cal deles chegará primeiro?



Todo o alumnado de 1º e 2º nivel asistirá a tres sesións de contacontos. Ao remate de cada sesión, cada nen@ recibirá unha ficha de cada conto co Brozo-Reto a realizar durante un proxecto lector.


Todos conseguiredes a vosa insignia por participar nos tres contacontos pero... só un xurado galáctico resolverá quen leva a escarapela de gañador/a cos mellores traballos que seleccionen os vosos titores. 
Sorte rapaces!

No hay comentarios:

Publicar un comentario