lunes, 22 de febrero de 2016

Novos cómics na biblioteca

Como sabemos que o noso alumnado está a afeccionarse moito a ler cómics, decidimos ampliar esta sección da nosa biblioteca con novas series. Seguro que vos encantarán!


A primeira serie, do autor francés Nob, chámase "Marieta" (Naneta na vellez), unha avoa con moitas ganas de vivir, e que de pequena, como ela di, tiña moita présa por facerse maior. 
Marieta ten carácter e unha personalidade moi sedutora, e por iso resúltanos entrañable. É capaz de provocarnos gargalladas e a continuación poñernos un nó na garganta. Fainos rir cando se enfronta á dura vida campestre, e ás tarefas que lle impoñen, sen compaixón algunha, os seus avós e a súa rencorosa tía. E tamén prodúcenos moita tristeza cando sente o abandono dos seus pais, cando lemos as cartas que lle escribe á súa nai, cando sente medo ou cando recibe reprimendas dos seus mestres ou da súa familia.


A segunda serie con debuxos moi alegres, da autora Ana Oncina, é "Croqueta y Empanadilla" e está baseado nas situacións típicas dunha parella e a convivencia entre ambas.
Estes dous personaxes son moi diferentes un doutro. Mentres Empanadilla é bastante infantiloide, caprichosa e está moi consentida pola súa parella, Croqueta é máis sensata, unha charlatana empedernida e un tanto desastrosa e descoidada.
Seguramente, cando leades "Croqueta y Empanadilla", poderedes identificar a algún dos vosos coñecidos, amigos e seres achegados a algún dos alimentos que van aparecendo no cómic. Con quen vos identificaredes máis, co amorodo, co tomate, co allo, coa empanadilla, coa croqueta...?

No hay comentarios:

Publicar un comentario