miércoles, 24 de febrero de 2016

#mobilizarosalía no CEIP Ponte dos Brozos


O EDLG do centro puxo en marcha esta semana a iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) dirixida aos centros de Educación Infantil e Primaria baixo o lema Moviliza Rosalía. Trátase da elaboración e envío dunha postal cunha estrofa de "Alborada" de Cantares gallegos cun debuxo en torno á figura de Rosalía de Castro. 
A estrofa é a seguinte:

Canta paxariño alegre,
canta!
Canta porque o millo medre,
canta!
Canta porque a luz te escoite,
canta!
Canta que fuxeu a noite.

Os dias previos á celebración deste día, todos os alumnos e alumnas participantes nesta iniciativa colocaron as súas postais en grandes murais nos distintos pavillóns do centro.


Hoxe cada un deles elixirá a postal doutro como agasallo "rosaliano" para conmemorar o nome e a obra da poeta galega máis universal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario