Este ano 2016 conmemórase o centenario do nacemento de Roald Dahl, o escritor de Charlie e a fábrica de chocolate, entre outros moitos libros.
A súa incursión na literatura infantil estivo motivada polos contos que contaba aos seus catro fillos. En 1964 publicou a súa primeira obra, "Charlie e a fábrica de chocolate". Tamén escribiu guións para películas; concibiu personaxes famosos, como os Gremlins, e algunhas das súas obras leváronse á gran pantalla.
Moitos dos libros infantís de Roald Dalh foron ilustrados por Quentin Blake, ilustrador, escritor e debuxante británico. Ilustrou 19 libros de Roald Dahl. En 2002 obtivo o Premio Hans Christian Andersen, o mellor recoñecemento internacional para ilustradores de libros infantís.
Na biblioteca podedes atopar moitos dos libros deste xenial escritor ao que lle agradecemos facernos nadar en chocolote, vivir en Dar es Salaam, vencer a bruxas, ser intrépidos como Matilda, rirnos tanto dos adultos e, finalmente, voar sós coa nosa imaxinación...
No hay comentarios:
Publicar un comentario