domingo, 3 de abril de 2016

Exposición de lecturas multiculturais

Novidades sobre lecturas multiculturais na biblioteca

"Palabras de América"
Editorial Edelvives

Diversas historias, contos e lendas de pobos de América que crean un mosaico multicolor con teselas de alegría, ilusión e novidade. Historias narradas co obxectivo de achegar ao lector á vida, cultura, soños e esperanzas do continente americano, que nos é tan próximo, tan amigo, tan irmán. 
"Palabras de África"
Editorial Edelvives

Recompilación de sete contos africanos, cada un dun país, que mostran a realidade do continente fuxindo de estereotipos e pesimismos afastados da realidade. Unha visión positiva da realidade africana.

"El día que Saída llegó"
Editorial Takatuka
Saída non pode expresarse como o resto dos seus compañeiros porque está recentemente chegada de Marrocos e a súa lingua é outra, o árabe. Un relato que transmite aos lectores que hai outras terras e outras palabras. A voz dunha nena compañeira da escola de Saída vai presentando a situación e enfiando sensacións, palabras e sentimentos que tecerán a súa amizade con ela.


"Letras de carbón"
Editorial Juventud
No pobo de Palenque, case ninguén sabe ler. O señor Velandia, o dono da tenda, é un dos poucos que sabe. Cando Gina empeza a recibir cartas, que ela imaxina de amor, a súa irmá pequena decide aprender para poder ler esas misteriosas cartas...
Un entrañable conto sobre a alfabetización, que nos vén dun pobo remoto de Colombia.
"Niña bonita"
Ediciones Ekaré
Un coello branco, branco, queda prendado dunha nena negra, negra, e quere poñerse bonito e escuro como ela. Cada vez que a ve, pregúntalle: "Nena bonita, nena bonita, cal é o teu segredo para ser tan negriña?". Despois de moitos experimentos e desilusións, o coello descobre o segredo.



"Tu canción"
Editorial Fragmenta
Conta a lenda que nunha tribo de África, cando unha muller decátase de que está a esperar un fillo, corre a dicirllo ás outras mulleres. Elas cren que cada persoa ten unha canción moi súa, a Canción da Vida. Por iso, uns días máis tarde, ao amencer, penétranse na selva para descubrir, xuntas, a canción da nova criatura. Un conto para lembrarnos que, antes de chegar a este mundo, xa eramos esperados, soñados, queridos...



"Libro del gentil y de los tres sabios"
Editorial Fragmenta
Tres sabios atopáronse á saída dunha cidade. Un era xudeu, o outro cristián e o terceiro musulmán. Ao verse, saudáronse, acolléronse e acompañáronse. Cada un falaba aos outros dous das súas crenzas e os seus pensamentos, e falando, falando, chegaron ao bosque por onde andaba o gentil... un home que non practicaba ningunha relixión...


"Puerto Presente" de Macaco & Fito Cabrales será a canción que soará nos recreos, entradas e saídas na VI Semana Intercultural. Unha canción que contaxia optimismo, onde o pasado xa se foi e o presente camiña do noso lado...


No hay comentarios:

Publicar un comentario