Onte chegou á nosa biblioteca unha exposición itinerante patrocinada por EducaBarrié que pretende aunar matemáticas e arte a través da fotografía.
A intención de MatExpo é achegar as matemáticas
de maneira amena, sinxela e visual, lembrándonos que as matemáticas están en
todo o que nos rodea e descubríndonos a estreita relación que hai entre esta
disciplina e outras como as artes ou a literatura; todo iso, a través dos
traballos de máis dun centenar de alumnos/as galegos.
A exposición consta de 6 tótems
verticais nos que se mostran:
- 48 Esopías (relatos ou poemas cunha lonxitude máxima de 140 caracteres e onde cada unha das palabras utilizadas ten un número de letras igual ás sucesivas cifras do número pi).
- 24 Fotografías Matemáticas (imaxes gráficas comentadas que resaltan a través de fotografías a presenza constante de elementos matemáticos ao noso arredor para poñer de manifesto a súa utilidade na nosa vida cotiá)
Poderédela visitar durante as horas asignadas de biblioteca de cada aula do 6 ao 14 de abril. Tamén estará aberta en horario de tarde para as familias (16:30h-18:00h)
No hay comentarios:
Publicar un comentario