A Semana do Libro está a piques de comezar e para conmemorar os 400 anos da morte de Cervantes o Equipo de Biblioteca propón dedicar do 18 ao 22 de abril todas as sesións do Proxecto Lector á figura de Cervantes e O Quixote coas seguintes actividades:
- 1º e 2º de Primaria: Lectura conxunta dalgúns dos capítulos máis representativos de Don Quixote no formato que cada titor/a considere conveniente. Adxuntamos caderno con actividades.
- 3º de Primaria: Proxección na PDI da app "Las aventuras de Don Quijote de la Mancha" de KidzplayMob. Libro interactivo e dinámico con 42 escenas animadas e con textos en cada escena acompañados dunha fantástica narración de principio a fin.
- 4º de Primaria: Lectura conxunta na PDI de "Las increíbles aventuras de don Quijote y Sancho Panza como jamás te las contaron". César Bona selecciona neste libro as pasaxes máis universais do Quixote e explícanos co seu inconfundible estilo de ensino unha nova maneira de entender este clásico imprescindible da literatura universal.
O libro inclúe actividades e xogos creados polo autor. Propoñemos realizar a de "Inventa el Capítulo: La asombrosa historia que acaeció a don Quijote, yendo a ver a su señora Dulcinea del Toboso"
- 5º e 6º de Primaria: Nos computadores o alumnado utilizará a web "El Caballero Don Quijote: La aventura de los molinos". Nela podemos atopar textos adaptados, xogos e actividades interactivas, biografía de Miguel de Cervantes e ligazóns de interese. Ademais, inclúe banda sonora subtitulada.
Todos os días, ás entradas, saídas e recreos soará a canción "Cervantes me mola" que o alumnado aprenderá previamente cos profes de música.
No hay comentarios:
Publicar un comentario