miércoles, 13 de abril de 2016

"Cervantes me mola"


Pola celebración dos 400 anos tras o falecemento de Miguel de Cervantes, a semana que vén a biblioteca propón unha serie de actividades, que vos iremos contando, onde participará todo o alumnado do centro. Entre estas actividades está aprender a canción "Cervantes me mola" que foi escrita pola profesora de música do Colexio Público de Hurchillo e a música e voces son do grupo musical  de Orihuela "Los 5 sentidos".
Hai xa dous anos que o Colexio Público de Hurchillo "Manuel Riquelme" iniciou o proxecto "Molinos de papel" con motivo do IV Centenario de Cervantes. Podedes visitar a súa páxina web para ver a letra da canción. É un dos centros que pertencen como nós á Rede de Escolas da UNESCO, da que formamos parte e coa que imos compartir o noso material sobre Cervantes.


No hay comentarios:

Publicar un comentario