martes, 31 de mayo de 2016

Concurso de fotografía 2016: #PalabrasDeTolerancia

#PalabrasDeTolerancia é unha campaña en redes sociais co obxectivo de promover os libros e a lectura, así como difundir a mensaxe da tolerancia. Púxose en marcha coincidindo co Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor, celebrado pola UNESCO cada 23 de abril.
Este ano 2016 foi aínda máis especial, xa que estivo marcado polo 400º aniversario da morte de dous escritores excepcionais: William Shakespeare e Miguel de Cervantes.
O concurso suxería realizar unha foto xunto a unha biblioteca, librería ou calquera entidade relacionada coa lectura e relacionala dunha maneira divertida e creativa cunha cita.
Esta é a foto que o Equipo  do proxecto dKrreT do centro elixiu para o concurso e a cita foi a empregada pola biblioteca na semana dedicada ao Quixote con distintas actividades para celebrar o Día do Libro.

Para aprender, amigo Sancho, camiñar ou ler...

2 comentarios: