miércoles, 22 de junio de 2016

Vivide intensamente no verán!

O Equipo da Biblioteca quere dar as grazas a todos os mestres e mestras que nos axudaron a construír a biblioteca este ano e lembrade que levades estes "quereres" para este verán:

  • Deitarse un día ou varios tarde, pero moi tarde.
  • Durmir ata as tantas sen remorsos.
  • Ver amencer.
  • Probar un bo viño da terra.
  • Dar un longo paseo cos amigos con paradiñas para a repostaxe.
  • Ver unha boa peli só ou en compañía.
  • Darse un atracón da vosa serie favorita.
  • Ler un bo libro e recomendarllo a todo o mundo.
  • Organizar polo menos unha churrascada para a familia.
  • Escoitar boa música.
  • Bailar a canción do verán ou doutros veráns.
  • Non mirar o reloxo.
Esta foi a primeira de moitas festas que nos esperan este verán. A gozalas!!!

1 comentario:

  1. Foi un pracer enorme traballar con todas vos... Intentarei regresar para traballar máis e mellor!
    Orgullo PdB no corazón por sempre!

    ResponderEliminar