viernes, 30 de septiembre de 2016

Horarios de formación de novos usuarios


A partir da vindeira semana comezarán as xornadas de benvida para o alumnado de primeiro nivel de Primaria xa que se estrean como novos lectores e usuarios da biblioteca ao cambiar de espazo (o ano pasado utilizaban a Aula de Contos situada no pavillón de Infantil)
Explicaranlles as normas de uso, a situación dos estantes dos libros de ficción segundo o tipo de lector, a situación dos libros informativos por materias segundo a CDU...
Entregaranse tamén os carnés de usuarios para préstamos de libros e os broci-colgantes que se outorgan  aos nen@s que empezan a ler.

No hay comentarios:

Publicar un comentario