Fun ao mercado a mercar café
e a formiguiña subíume polo pé
eu sacudín sacudín, sacudín
mais a formiguiña non paraba de subir.
Así comezou a profe Patricia o seu taller de poesía que usamos como escusa para enviar a Maleta Poeta ás casas dos nenos e nenas de 1º nivel. Na súa maleta poeta hai pechados uns sobres de cores con palabras que acaban convertidas en poemas feitos polos nosos pequenos poetas e poetisas.
Houbo tempo tamén para cantar, xa que a música tamén é poesía, e descubrimos que temos grandes intérpretes entre o noso alumnado de 1º.
Esperamos que esas maletas volvan a fin de curso ben cheas de poesías coa axuda das familias para quedar no andel de "As Nosas Produccións" do que ben orgullosas estamos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario