lunes, 6 de febrero de 2017

Alberto Vázquez: un vello amigo

Pois seguimos de celebracións porque o primeiro ilustrador que visitou a nosa biblioteca recentemente inaugurada fai xa máis de tres anos foi el. Chegou a presentarnos o seu conto interactivo Marina y la luz e fixémonos  superfans cando nos contou algúns trucos de debuxante e agasallou aos rapaces con bosquexos que facía cunha facilidade que asombraba. Enamorounos con Feliz Feroz, o lobiño riquiño e Agente Ricitos para sempre. 


Esta finde Alberto recibiu por partida dobre unha estatuilla ao mellor director de largometraxe de animación (Psiconautas, los niños olvidados) e outra á mellor curta de animación (Decorado) nos Premios Goya 2017.


Unha grande noticia para a ilustración galega. Parabéns artista!

No hay comentarios:

Publicar un comentario