martes, 14 de febrero de 2017

Atrapando monumentos con WallaMe


Hoxe rematou a actividade Atrapa Monumentos proposta para o alumnado de 3º e 4º nivel. A maioría deles lograron con gran éxito localizar e capturar as 10 edificacións que se atopaban escondidas tras as portas das aulas do pavillón 2  coa app de realidade aumentada WallaMe. 
Algúns non só conseguiron "atrapar" os monumentos nun tempo record senón que viñan con moita información e datos sobre cada obra arquitectónica. Parabéns rapaces!


2 comentarios:

  1. Noraboa o Equipo da Biblio por organizar actividades tan divertidas coas que aprender doutro xeito...
    Aos de 2º tamén nos gustaría "atrapar monumentos" ;)

    ResponderEliminar