miércoles, 15 de febrero de 2017

Pontes dende a ponte

Algunhas pontes son coñecidas no mundo enteiro non só polo seu deseño senón tamén pola súa historia converténdose en auténticos símbolos dunha cidade, país ou rexión por exemplo a Ponte Brooklyn de Nova York, o Golden Gate de San Francisco, a Ponte da Torre de Londres, a Ponte da Baía de Sydney, a Ponte de Oresund que une Suecia e Dinamarca...

Moitas destas pontes foron reproducidas en Minecraft pero... e a nosa Ponte romana de Arteixo? Seremos capaces de creala? Esperamos a todo o alumnado de 5º e 6º nivel impacientes na biblioteca... 

No hay comentarios:

Publicar un comentario