martes, 21 de febrero de 2017

Matemáticas divertidas con Universo Pitágoras


Rocío Leira Castro fixo unha paradiña no noso cole no seu camiño dende Cee a Compostela. E nós estabamos preparados para escoitar a unha das nosas autoras favoritas. Empezou a súa charla contando que lle encantan as matemáticas (é profe de Mate),  pero resulta que tamén lle encanta ler e escribir. De feito ten varios premios de literatura tanto en poesía como en narrativa. 
Da mixtura das súas dúas paixóns surdiu a súa novela Universo Pitágoras. Como ben sabe o noso alumnado de 5º nivel que xa a leu, fala dunha nena que detesta os números e de súpeto un día vese atrapada nun universo matemático. Para saír de alí vai ter que poñer a proba o seu enxeño resolvendo distintos enigmas, probas de lóxica, etc. Ademais o libro garda unha sorpresiña: está totalmente desordenado. Son os propios lectores os que coa súa astucia teñen que resolver unhas adiviñas e dar coa orde correcta.


Rocío fixo dous equipos e foi plantexando adiviñas e enigmas que os nenos e nenas foron tentando resolver, con moito éxito e un pouco de barullo porque todos e todas querían participar. 
Para os que non puidestes asistir, aí quedan dúas que vos retamos a resolver.

A un manzano  me subí donde manzanas había, yo manzanas no comí pero, manzanas no dejé ¿Cuántas manzanas había? 

Cinco por catro vinte máis unha igual a vintedúas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario