miércoles, 22 de marzo de 2017

Taller de arquitectura Minecraft


A piques están de rematar os talleres de arquitectura Minecraft "Pontes dende a Ponte" organizados na nosa biblioteca para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º nivel. Algunhas das pontes máis famosas do mundo xa foron reproducidas en Minecraft por centos de usuarios do programa pero faltaba a nosa ponte de Arteixo... a Ponte dos Brozos, ese foi o reto proposto para os nosos ávidos arquitectos que estiveron entusiasmados tentando construílo neste programa que tanto lles apaixona. 



No terceiro trimestre haberá un novo reto... estade atentos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario