viernes, 24 de marzo de 2017

Contacontos: "El joven Frank, arquitecto"

Ao longo desta semana as profes Montse e Ana foron as encargadas de contar na Aula de Contos de Infantil unha obra deliciosa e toda unha declaración de amor polos museos e a arquitectura: El joven Frank, arquitecto


Neste conto desenvólvense as inquietudes dun neno chamado Frank que vive na cidade de Nova York co seu avó que é arquitecto, tamén chamado Frank. O rapaz ve posibilidades creativas de todo aplicadas ao mundo que lle rodea. Gústalle usar todo o que ten ao alcance das súas mans, desde macarróns, caixas vellas, culleres, papel hixiénico e, ás veces mesmo ao seu can, Eddie. Crea cousas continuamente, como cadeiras de rolos de papel hixiénico, rañaceos contorsionados compostos dos libros do seu avó, cidades en papel. Pero o vello Frank mira as creacións do seu neto con escepticismo e non cre que iso poida ser real e ao alcance dos arquitectos. Un día decide o vello Frank levarlle a un museo, en concreto van visitar o Museo de Arte Moderna de Nova York, onde ven o traballo de grandes arquitectos e grandes deseñadores.


Inspirados polo que ven, os Frank volven a casa para construír xuntos estruturas, formas de diferentes tamaños, sendo este un exercicio en común no que se pon á mesma altura a experiencia do avó coa mocidade, motivación e novas ideas do seu neto.

Como podedes ver nas seguintes fotografías os nosos peques de Infantil, emulando ao mozo Frank, lánzanse tamén a desenvolver a súa creatividade para converterse en xeniais arquitectos. Que estarán a contruír? Axiña sairemos de dúbidas...


No hay comentarios:

Publicar un comentario