Xa están na biblio todos os libros da colección Miniclásicos de Edicións Embora, dez das grandes obras clásicas da literatura universal con adaptacións realizadas por escritores de prestixio. Destacan polo seu vocabulario sinxelo, pola selección das escenas máis representativas de cada obra e polos debuxos de grandes ilustradores, que complementan de xeito eficaz cada historia.
Así, os primeiros lectores poderedes coñecer grandes personaxes da literatura como Ulises, Don Quixote, Gulliver, o rei Artur ou Quasimodo; viaxar por París, Liliput, Italia ou Constantinopla, e á vez, descubrir historias de heroes incribles, amores eternos, aventuras únicas…
Pero aínda hai máis novidades. Botade unha ollada...
A que esperades para vir coñecelas?
No hay comentarios:
Publicar un comentario