jueves, 30 de marzo de 2017

Hoxe visitounos... Chinto


Hoxe, na nosa biblioteca, os nenos e nenas de 3º nivel pasaron un bo rato gozando da visita do escritor Carlos López, integrante de Pinto & Chinto. Falounos do seu último libro, que estiveron a ler os rapaces neste trimestre durante o proxecto lector, Cámbiache o conto!, obra que ofrécenos a súa peculiar versión dos contos clásicos de autores como Andersen, Perrault ou os irmáns Grimm e danlle unha reviravolta á súa maneira a O frautista de Hamelín, a Carapuchiña Vermella, a Cincenta e moitos outros, poñéndonos un sorriso nos beizos.


Tamén poidemos escoitar contos moi divertidos do seu libro Minimalario. Para rematar, e antes da firma de libros, os cativos  tiveron a oportunidade de facerlle preguntas de todas aquelas cousas polas que tiñan curiosidade. Un encontro moi interesante!

No hay comentarios:

Publicar un comentario