No primeiro trimestre foron pinturas españolas, nos segundo monumentos famosos e agora ides ter que atrapar esculturas moi coñecidas en todo o mundo. Todas elas atópanse escondidas nas obras arquitectónicas expostas polos distintos corredores do pavillón II.
Aquí está o horario coas distintas sesións que haberá para cada grupo de 3º e 4º nivel.
Sabedes cal é a estatua máis grande do mundo?, e... a máis antiga? ou... a máis visitada? No adxunto teredes a resposta a estas preguntas e algunha información sobre as esculturas seleccionadas para que poidades saber un pouco da historia de cada unha durante os proxectos lectores desta semana.
No hay comentarios:
Publicar un comentario