martes, 23 de mayo de 2017

Servando e o seu acordeón

Hoxe estivo na nosa biblioteca o músico contador de historias Servando Barreiro, por xentileza do Consorcio Editorial Galego e Normalización Lingüística. Repasou cos nosos rapaces de 2º nivel a figura de Carlos Casares homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. Confesounos as súas dúas paixóns: a lingua galega e a música. Para a nosa sorpresa, da súa mochila sacou nada máis e nada menos que un acordeón. Ensinounos como respira este instrumento, que ten moi bos pulmóns, e como hai que tocalo.


Despois das preguntas curiosas dos nosos rapaces, tivemos unha boa sesión de cante e baile xa que Servando, cantounos as súas propias versións das obras máis representativas da obra de Casares como "A galiña azul", "O can Rin e o lobo Crispín" ou "As laranxas máis laranxas de todas as laranxas". Ademáis foi moi xeneroso co público porque nos regalou algunha canción máis do seu repertorio. 
Moitas grazas pola visita!!! Un pracer...

No hay comentarios:

Publicar un comentario