lunes, 29 de mayo de 2017

Encrucilladas I

Xa sabedes que este último trimestre estamos a aprender moito sobre escultura. Tras atrapar esculturas famosas con WallaMe, os nosos pequenos e pequenas xa identifican algunhas das estatuas máis famosas do mundo. Se falamos de Nova York, á nosa cabeza vén a Estatua da Liberdade, se falamos da Illa de Pascua, lembramos os misteriosos Moais,  Brasil é o Pan de Azucre ou o Cristo de Corcovado, a esfinxe de Gizeh fálanos de templos e faraóns...


E do noso? Que escultura fala do noso, da nosa terra? Pois sen dúbida, os nosos CRUCEIROS... Calcúlase que hai máis de 10.000 por toda Galicia. Forman parte do noso patrimonio, da nosa imaxe colectiva como pobo... E sempre están envoltos en lendas e antigas tradicións. 
Minecrafters, preparádevos porque esta semana toca facer un cruceiro... e procurade ser rápidos, non vaia a ser que veña a Santa Compaña e necesitemos dese cruceiro para protexernos!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario