Hai centos, miles, por toda Galicia. Ao longo do Camiño de Santiago e nas máis humildes e recónditas encrucilladas. Presiden os atrios das igrexias e invocan ao sobrenatural, conectando a nosa terra de meigas coas almas do máis aló.
Son os cruceiros, a silueta máis peculiar e característica da Galicia que aínda cre en meigas e en santas compañas. Herdanza dos menhires, dos millares romanos e das cruces evanxelizadoras porque o que é santo é santo por moitas relixións que se sucedan.
Agora están tamén en Minecraft para protexernos de zombies, esqueletos, Endermans ou Creepers porque os minecrafters invadiron a nosa biblioteca esta semana para construílos. Coas súas escaleiras, fustes e cruces. Como ten que ser un cruceiro. Minecraft foi agora máis seguro e máxico!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario