jueves, 28 de septiembre de 2017

Mochilas viaxeiras 2017


Esta semana comezou a súa nova andaina as mochilas viaxeiras no 3º e 4º nivel, actividade que permite á biblioteca o contacto coas familias coa intención de conseguir a súa colaboración e participación na formación de lectores e lectoras. 
Esperamos que tanto o alumnado como os seus familiares compartan e gocen do contido das mochilas (un DVD, unha revista, un libro informativo e un libro de lectura)


Dentro de cada mochila vai un caderno para que anotedes as vosas opinións, reflexións... sobre os libros lidos. O obxectivo é que todos nos podamos beneficiar das ideas dos demais e gozar lendo o que outros escriben.
Lembrade que é importante a puntualidade á hora de entregar a mochila a outro compañeiro/a, coidar do seu contido e comprobar que o material estea completo á hora de devolver a mochila.

No hay comentarios:

Publicar un comentario