martes, 26 de septiembre de 2017

Novo curso, novos retos... A mesma ilusión

Coa tranquilidade que dá a experiencia acumulada estes últimos cursos pero con novos retos que afrontar, novas actividades que organizar... iniciamos unha nova andadura do noso blog no que, como sempre, contaremos todo o que suceda dentro da nosa biblioteca. 


"Aprender a pensar coa biblioteca escolar" é o lema que propoñen dende Bibliotecas Escolares de Galicia. Dende logo que a biblioteca é un lugar ideal para que os nenos e nenas non perdan a súa capacidade de asombro e a súa curiosidade: aprender a pensar a través dos contos, das lecturas de ficción, da poesía, do teatro, dos fondos informativos co fin de activar no alumnado os mecanismos para desenvolver o pensamento complexo. 
E como imos facelo? Pois como sempre... XOGANDO... O xogo pon en marcha as engranaxes do noso cerebro: observar, recoñecer, comparar, analizar, deducir...
Preparádevos porque xa estamos de volta e pronto chegará o 1º Brozo-Reto do trimestre. 
      

No hay comentarios:

Publicar un comentario