sábado, 24 de febrero de 2018

Abríndolle as fiestras a Rosalía!


"... que quero ver o mar" Estas foron as últimas palabras da nosa gran Rosalía. Como ela, nós tamén queremos sempre ver o mar e abrir fiestras pero mellor cóntanolo María Reimóndez, que este ano é a voz da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. E nós facemos noso o seu texto:

"Nun mundo de fiestras pechadas, buscamos o refacho de vento que as abra de vez. Nun mundo que busca facer as comunidades e as persoas máis pequenas, os cartos e a cobiza máis grandes, precisamos forza e profundidade, emoción e pensamento.  Precisamos todo do que falou e todo o que foi Rosalía de Castro.
Ela é o refacho que busca abrir as nosas fiestras. Un refacho que chega dende o pasado para nos falar do futuro. E na nosa man está abrir a fiestra. Abrila para vermos a muller, a escritora, a irredutible. A voz que nos une ás rebeldes do mundo, que fascina coa súa luz por onde pasa, que nos ofrece a súa clarividencia para tecermos novas alianzas, a que sempre está do lado da xustiza, do noso lado, a que sempre está aínda por descubrir. Abride a fiestra porque Rosalia de Castro é o mundo que está por facer. Un mundo que se abre se o abrimos." María Reimóndez (texto adaptado)
Así quedaron as fiestras do cole con Rosalía no corazón...




No hay comentarios:

Publicar un comentario