Que descubrimento máis bo!!!! Hoxe visitou a biblioteca Iago López, o autor de O cociñeiro Martiño, un conto que nos encanta. Todo por cortesía da editorial Anaya.
Xa sabiamos que escribía ben pero descubrimos que é un xenial contacontos cunha voz que engaiola e atrapa a todos. Contounos a historia da Axente Riciños, que vive no bosque dos contos e evita que sucedan accidentes e outras desgracias. Todo isto a nós soábanos moito porque é un dos libros que están a ler os pequenos no cole este ano: Axente Riciños de El Hematocrítico e con ilustracións de Alberto Vázquez.

Con Iago rimos moito e montamos en bici polas corredoiras galegas. Demostrou ser un grande capaz de hipnotizar a 150 raparigos coa única axuda da súa voz, unha mazá, unha lupa e un dispositivo ultramoderno para avisar á policía: unha bucina. Escachamos coas risas...
Foi un pracer a túa visita ao cole!
No hay comentarios:
Publicar un comentario