miércoles, 21 de febrero de 2018

Redeiras, unha profesión pouco visible

Esta semana visitáronnos na biblioteca dúas redeiras de Malpica e Corme e con elas o alumnado de 4º nivel aprendeu os fundamentos deste oficio tradicional galego.
Durante moito tempo o labor deste colectivo de profesionais resultaba descoñecido para moita xente, pouco visible e minusvalorado. Na actualidade empézase a recoñecer o seu importante labor grazas á loita das propias redeiras pola defensa dos seus propios valores e intereses.


As redeiras trouxeron as súas agullas, fíos, cordas e cordóns e ensináronnos o fermoso e duro que é o seu traballo. Cosemos redes, fixemos nós, aprendemos a distinguir os distintos materiais e as diferencias entre unhas redes e outras dependendo do peixe que quixésemos capturar...
Foron dúas horas de moitas aprendizaxes que nos souberon a pouco. Esperamos que volten pronto, quedamos con gañas de mais! 


No hay comentarios:

Publicar un comentario