jueves, 14 de noviembre de 2013

Contos para aprender a recoñecer as emocións


A colección de contos infantís interactivos "Colección Emociones" desenvolvida por Salvatella Editorial está publicada pola empresa Itbook.
Seis contos pensados para que os nen@s de 3 a 8 anos poidan recoñecer, aprender e poñer en práctica todo aquilo que lles provoca medo, tristura, preocupación, morte, rabia ou alegría.
Están escritos en varios idiomas e ao final de cada un deles, como en todos os contos infantís interactivos de Itbook, inclúense actividades para reforzar os contidos. 
O primeiro capítulo da colección é gratis, pero a nós parecéronnos axeitados os seus contidos para o noso alumnado e compramos a app completa.
Aquí tedes os contos que xa podedes ler e escoitar nos iPads da biblioteca:


O MEDO
A Superheroína Supersónica
Ana espértase a media noite chorando e conta que soñou cun monstro moi grande que viña. A superheroína supersónica, que é moi amiga de Ana, fai desaparecer ao monstro do sono da noite.

A TRISTURA
Os sacos de area
Ana estrágaselle a caixa dos tesouros e ha de cargar todo o día co saco da tristura. Co tempo o saco faise pequeno e Ana aprende que a tristura vén e despois se vai.



A PREOCUPACIÓN
A nube gris
O can de Ana perdeuse e non o encontran por ningunha parte. Ana ten unha nube gris enriba da cabeza; está preocupada. Cando encontre o seu can Flip, este sentimento desaparecerá.

A MORTE
A miña amiga invisible
Ana está a sufrir, a súa avoa morreu e ela volveuse de cor branca e negra. Axudada pola súa amiga invisible, a pena que sofre Ana mesturarase cos recordos tan agradables que conserva da súa avoa.



A RABIA
A cola de dragón
Cando Javier se enfada, golpea cos pés no chan e maltrata os seus xoguetes. Ten moita rabia. Os xoguetes de Javier están moi tristes e farán que pouco a pouco vaia esquecendo e entendendo a rabia que sente.

A ALEGRÍA
As estrelas de cores
Ana e Javier van xogar ao parque e pásano moi ben. Rin e están moi alegres. No parque hai nenos que non están tan contentos. Ana Javier conseguen que os nenos recoñezan estes sentimentos tan agradables.

2 comentarios:

  1. Parabéns por este blog tan chulo!! Vaia cantidade de información e recursos en tan pouco tempo!!!
    Noraboa.

    ResponderEliminar