As grúas de origami (papiroflexia) fixéronse famosas a nivel mundial coa historia da nena Sadako Sasaki, vítima da bomba atómica de Hiroshima durante a II Guerra Mundial. Supervivente da explosión, caeu enferma de leucemia. Unha amiga recordoulle a tradición dos origamis e propúxose completar as mil para pedir como desexo a curación dos afectados e a paz.
Pero Sadako non o conseguiu e faleceu aos 12 anos. Así a todo, nacera un símbolo para todos. Os seus compañeiros de clase completaron as figuras de papel que faltaban e anos despois Hiroshima levantou un monumento no seu recordo no Parque da Paz, epicentro da explosión e onde aínda un edificio en ruínas recorda aquela traxedia. A súa emotiva historia rapidamente fíxose famosa en Xapón e occidente. Hoxe miles de grúas de papel repousan baixo o monumento como unha continuación do sono de Sadako.

Aquí deixámosvos unha curtametraxe preciosa que ilustra sen palabras a triste historia de Sadako Sasaki. Animámosvos a vela porque é realmente conmovedora.
Para os xaponeses a grúa é o símbolo da paz, como para nós o é a pomba branca. Se queredes aprender a facer unha grúa de origami, seguide os pasos no seguinte vídeo xa que este ano a Comisión de Coordinación Pedagóxica do centro propuxo elaborar desde os diferentes ciclos as mil grúas de papel para o próximo dia 30, que celebraremos o Día da Paz.
Tamén podedes achegarvos á biblioteca para ler o libro que pode arrincarvos algunha que outra bágoa, sobre todo porque nel pesa o espírito dunha dor que realmente existiu e que aínda hoxe en día existe. Escrito por Eleanor Coerr con preciosas ilustracións de Ronald Himler, reflicte perfectamente o que vos ides a atopar no seu interior: unha historia delicada e que vos chegará directamente ao corazón.
No hay comentarios:
Publicar un comentario