Queremos compartir con tod@s este conto recén chegado á nosa biblioteca. Forma parte dos recursos educativos elaborados polo Proxectoterra para Educación Infantil. Está publicado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e como explican na súa web: "Da casa á escola é a idea que articula as tres historias deste conto. Un achegamento multisensorial e emocional/afectivo ao espazo vivido, que faga máis rica a construción mental que nestas idades temperás se está a facer dos tres ámbitos máis significativos na vida dos cativos: a casa, a escola e o camiño que percorren todos os días dunha á outra. Tres ámbitos: o privado, o social e o público, que estarán presentes ao longo das nosas vidas e que xa estamos a construír desde pequenos".
Deixámosvos un adianto con láminas de cando Sabela atopa as zocas no faiado, bañándo o seu can Lóstrego co avó, coa avoa, cando chega á vila, cando chega ao cole, xogando na aula de psicomotricidade, na aula de música, na biblioteca...
Ilustracións: Óscar Villán
Conto creado por: Lorena Mª Croques, Mª José del Río e Miriam Sedes
Conto creado por: Lorena Mª Croques, Mª José del Río e Miriam Sedes
No hay comentarios:
Publicar un comentario