O Nadal é unha época do ano moi especial. Para os nenos son días máxicos e para os adultos son momentos de recordo e de recuperar ese espírito infantil que está escondido o resto do ano.
Aínda que pareza imposible, o Nadal tamén ten a súa parte literaria. Os contos, historias e lendas que hai son incontables. Son historias que recordan a nenos e maiores valores como a xenerosidade, compartir cos que teñen menos ca ti... leccións moi importantes para o resto do ano.
Aquí deixámosvos unha selección de lecturas do Nadal, algunhas escritas por autores de renome tales como Cornelia Funke ou John Grisham e outras moi coñecidas de autores clásicos moi importantes como Charles Dickens, Hans Christian Andersen, JRR Tolkien, Raymond Briggs ou Frank Baum que tamén sucumbiron á maxia do Nadal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario