viernes, 30 de enero de 2015

Celebración do Día da Paz


Un ano máis quedamos sen poder celebrar o Día da Paz todos xuntos no exterior a causa da chuvia. Como anunciaramos nunha entrada anterior neste blog, a Comisión de Coordinación Pedagóxica do centro propuxo que o alumnado elaborase grúas de papel, pero ao non poder saír cada alumno/a coa súa decidimos colocalas nos corredores, macetas, portas das aulas... de cada pavillón. Deixámosvos unha pequena mostra das case mil grúas e dalgúns murais realizados.



Tamén queremos compartir o vídeo de "Sadako y las Mil Grullas de Papel" que nos envían as profesoras Mónica, Emi, Bea e Patricia onde catro alumnos deste centro lle engadiron a narración en galego coas súas voces da tráxica historia de Sadako que deu a volta ao mundo e así as grúas de origami convertéronse en símbolo de paz.

No hay comentarios:

Publicar un comentario