"Caperucita Roja" é o conto de fadas de transmisión oral que mellor sobreviviu ao paso do tempo, como manifestan as múltiples versións que desta historia se realizaron a través dos séculos. Ten moitas lecturas, pero ante todo é un conto para tod@s que, dalgún xeito, atrae, fascina e motiva moitos artistas a crear.
Á nosa biblioteca acaban de chegar estas dúas versións, moi distintas, pero marabillosas.
A primeira é de Gabriela Mistral (Premio Nobel de Literatura en 1945) que escribe en verso unha "Caperucita Roja" inspirada nos célebres Contos de Charles Perrault, escritos no século XVII. A autora respecta a versión orixinal, sen dulcificar nin cambiar o final. O poema "Caperucita Roja" aparece por primeira vez no seu libro "Ternura", publicado en 1924. A Editorial Amanuta rescata este poema en forma de libro maxistralmente ilustrado por Paloma Valdivia, que achega o conto popular á estética contemporánea e que pronto publicará unha versión interactiva dixital.
Outra versión é a de "Feliz Feroz" publicado pola Editorial Anaya. O seu autor, El Hematocrítico (profesor de Educación Primaria), é autor de varios exitosos blogs de humor e colaborador das revistas Cinemanía, Mongolia e Top Chef de cociña. Ademais, as ilustracións de Alberto Vázquez, co seu particular estilo, fixeron a este libro merecedor dun dos premios da Fundación Cuatrogatos deste ano.
Esta é unha divertida historia que ten como protagonista a un personaxe arquetípico dos contos clásicos: o Lobo Feroz, o seu sobriño, e a nai deste. Pero o orixinal desta historia é que este lobiño nos sorprenderá coas súas imprevisibles condutas que non se parecen en nada ao que se espera del.
A irmá de Lobo Feroz chama un día ao seu irmán para contarlle que está moi, moi preocupada polo seu fillo, pois é demasiado bo. Feroz dille que o mande con el unha tempada, viralle ben e converterao nun verdadeiro lobo. Os intentos do tío serán inútiles porque as cousas non saen como el prevía. O seu sobriño ten unha personalidade especial e ademais gústalle a cociña.
Un final sorprendente que vos gustará!
Aquí deixámosvos unha guía de lectura de diferentes versións de "Caperucita Roja". Unhas fieis ao conto clásico de toda a vida pero outras moi diferentes, moito máis tolas e divertidas.
Un final sorprendente que vos gustará!
Aquí deixámosvos unha guía de lectura de diferentes versións de "Caperucita Roja". Unhas fieis ao conto clásico de toda a vida pero outras moi diferentes, moito máis tolas e divertidas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario