lunes, 11 de abril de 2016

Día Internacional das viaxes espaciais

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou o 12 de abril Día Internacional dos Voos Espaciais Tripulados. Nesta data, no ano 1961, prodúcese a primeira viaxe espacial tripulada por un ser humano, o ruso Yuri Gagarin. Un evento histórico que abriu o camiño á exploración do espazo en beneficio de toda a humanidade.

Para celebrar esta data propoñémosvos que, nas vosas visitas esta semana  á biblioteca, naveguedes pola nova app instalada nos iPads "O Sistema Solar - Profesor Astro Cat" para embarcarvos nunha aventura intergaláctica chea de datos, explorando o espazo e aprendendo sobre as marabillas do Universo co Profesor Astro Cat e o seu compañeiro Astro Mouse.

  • EXPLORA as fronteiras do noso Sistema Solar e viaxa pola inmensidade do espazo cos teus dedos.
  • DESCOBRE planetas, lúas, soles, naves espaciais e todo o que hai no medio.
  • XOGA a marabillosos desafíos coa mochila propulsora.
  • GAÑA todas as medallas para a túa colección conseguindo as tres estrelas e CONSTRÚE un foguete mentras tanto!


Lembrade que na biblioteca hai tamén unha exposición permanente sobre o Universo con libros moi interesantes para todos os niveis entre os que está "El profesor Astro Cat y las fronteras del espacio"


No hay comentarios:

Publicar un comentario